Jump to content

Cangas, Foz

From Wikipedia
Cangas
Vista da igrexa parroquial
ConcelloFoz[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°37′47″N 7°20′05″O / 43.629722222222, -7.3347222222222Coordenadas: 43°37′47″N 7°20′05″O / 43.629722222222, -7.3347222222222
Área9,25 km²
Poboación796 hab. (2020)
Densidade86,05 hab./km²
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Cangas é unha parroquia do concello de Foz, na provincia de Lugo, cunha superficie de 9,25 km². Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2017 tiña 813 habitantes (411 mulleres e 402 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 877 habitantes.

Xeografía[edit | edit source]

Cangas está situada no extremo noroccidental do concello de Foz, nunha zona limitada ao Sur pola parroquia de Cordido deste mesmo concello, ao leste pola parroquia de Nois (concello de Foz), ao Norte polo mar Cantábrico e ao oeste polo concello de Burela.

O territorio parroquial sitúase no val inferior do río Moucide, que cruza a parroquia en sentido norte-sur até a súa desembocadura no Cantábrico na zona denominada Riosmar. As maiores altitudes acádanse na zona occidental, no límite con Burela, onde se acadan alturas de até 460 m no denominado Pico do Pelobrinco, nunha zona onde os montes do Buio acadan a zona costeira á altura da praia da Areoura.

Economía[edit | edit source]

Aínda que situada no concello de Foz, a vida socioeconómica da súa poboación está moi ligada á vila de Burela, no concello homónimo, da que dista ao redor 3 quilómetros (8 km da capital municipal de Foz). As tradicionais ocupacións agrogandeiras deron paso nos últimos anos a unha base económica máis diversificada, estando moitos dos seus habitantes empregados no sector terciario (basicamente no comercio e nos equipamentos administrativos existentes nas próximas poboacións de Burela e Foz) ou no sector industrial, principalmente na fábrica de alumina e aluminio que a multinacional Alcoa ten en San Cibrao. Tamén é importante, aínda que cada vez menor, o número dos seus habitantes que está enrolado nos barcos pesqueiros con base no porto de Burela.

Patrimonio[edit | edit source]

Galería de imaxes[edit | edit source]

Artigo principal: Galería de imaxes de Foz.

Lugares e parroquias[edit | edit source]

Lugares de Cangas[edit | edit source]

Lugares da parroquia de Cangas no concello de Foz (Lugo)

As Abelairas | Alamparte | As Lagas | A Ribela | Vilachá | Vilamor | Vilasindre

Parroquias de Foz[edit | edit source]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Foz

Cangas (San Pedro) | Cordido (San Xiao) | Fazouro (Santiago) | Foz (Santiago) | Nois (San Xiao) | San Martiño de Mondoñedo (San Martiño) | Santa Cilla do Valadouro (Santa Cilla) | Santo Acisclo do Valadouro (Santo Acisclo) | Vilaronte (San Xoán)

Notas[edit | edit source]

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. "Árbores senlleiras" (PDF). cmatv.xunta.gal. Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Consultado o 16/1/2019. 

Véxase tamén[edit | edit source]

Outros artigos[edit | edit source]